Festival de Ortigueira
@festortigueira.bsky.social
Indexed Video Clips
📚 O Teatro de Beneficencia acolleu a presentación do libro "As cantareiras". Unha fermosa viaxe xunto a Icía e Xosé Manuel Varela polo legado destas figuras, homenaxeadas nas Letras Galegas 2025. Grazas por achegarnos a nosa historia! ✨ #FestivalDeOrtigueira #Ortigueira2026
Así foi a inauguración oficial de Ortigueira 2026 na praza de Isabel II. Rematamos co izado de bandeiras das oito nacións celtas e a interpretación do himno galego. Grazas a todxs por nos acompañar! #FestivalDeOrtigueira #OitoNaciónsUnhaCultura #Ortigueira2026
🎥 Proxección do documental conmemorativo do 50.º aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira. #FestivalDeOrtigueira #FestivalNoTeatro #OitoNaciónsUnhaCultura #Ortigueira2026
🛍️ O ambiente xa se sente en Ortigueira! Pasea pola feira de artesanía, descubre produtos únicos e vive o festival en cada recuncho cheo de vida. Agardámosvos! 🌟 #FestivalDeOrtigueira #FeiraDeArtesanía #OitoNaciónsUnhaCultura #Ortigueira2026
🎶 A North Coast Irish Dance xa está na praza Isabel II de Ortigueira! Dende Irlanda do Norte, traen ritmo, precisión e enerxía tradicional celta. Non te perdas o seu espectáculo! #FestivalDeOrtigueira #FestivalNaRúa #OitoNaciónsUnhaCultura #Ortigueira2026